martes, 9 de octubre de 2012

O SEÑOR DO TETO

 
Onte, dous charlatáns profesionais, se achegaron ao circo berrando un "¿cómo están ustedes?" de rigor, para vendernos os miles de efectos beneficiosos das pócemas que ían compartir con nos, pero so si lles garantiamos un teto do que chupar os próximos anos. Eles tiñan os ingredientes, o xeito máxico de remexelas e un  misterioso poder para aplicalas e calmar todas as nosas penurias. Nos contaron que sabían dos nosos males; que sabían que eses males ían medrar coa chegada do outro; pero que de ningún xeito nos contarían o remedio ata saber se o teto era ou non para eles.
Foi entón cando me lembrei daqueles pequenos seres, tan famosos, que arriscaban a súa vida por un anel. Ese obxeto tan diminuto pero que tiña tanto poder para facer e desfacer, para dar e para quitar, para beneficiar ou beneficiarse. ¡Mi tesoro! berraba o condenado. Coma eles, os nosos charlatáns sabían que o teto tiña os memos poderes, ou mais, que aquel anel, así que non podían arriscar a receita das pócemas máxicas a calquera prezo. 
Claro que sabían das penurias das xentes, claro que sabían os remedios para poder calmalos, claro que tiñan medios de poñerse de acordo e compartir ingredientes e mellorar os males. Pero, non. Ao igual que ocorría con aquel anel, non había moitos tetos cheos de poder, e había moitos que os pretendían. O carallo era que, naquela historia, había pequenos seres que trataban de afastar o anel dos charlatans e protexer o benestar dos conxéneres; no noso conto, no de onte, so os modernos GOLUMS teñen acceso ao TETO e, para iso, nos chantaxean coa idea de saber que teñen as solucións e que algún día serán compartidas para o noso benestar. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario